InicioOccidentalRueda presume de forza do PPdeG e carga contra PSOE e BNG...

Rueda presume de forza do PPdeG e carga contra PSOE e BNG desde A Mariña

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, celebrou na Mariña que o seu partido pecha o 2025 "forte" e nun "bo momento", á vez que instou aos seus a "traballar unidos".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, celebrou na Mariña que o seu partido pecha o 2025 “forte” e nun “bo momento”, á vez que instou aos seus a “traballar unidos”. Así o fixo este martes en Viveiro durante unha reunión con alcaldes e portavoces da comarca, onde estivo acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e pola presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia.

Alí, Rueda agradeceu aos alcaldes e portavoces que formen parte dun equipo que ten o perfil “que quere” a xente de Galicia: “Traballador, cos principios claros e sen montar leas innecesarias”. A continuación, o líder dos populares galegos pediu aos seus a “seguir así”, con capacidade de “traballar moito”.

“Sendo serios cando hai que selo, en comparación cun PSOE que está a dar un espectáculo, sobre todo nesta provincia, e un BNG que despois de tantas leccións é incapaz de actuar en consecuencia”, esgrimiu Rueda. Para 2026, Alfonso Rueda instou aos representantes do PPdeG a “traballar unidos” e a facer as cousas “o mellor posible”, á vez que agradeceu o apoio recibido.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...