InicioPolíticaO BNG da Mariña asiste ás San Lucas de Mondoñedo

O BNG da Mariña asiste ás San Lucas de Mondoñedo

Os deputados e deputadas con responsabilidades en Medio Rural do Parlamento e da Deputación participaron na xornada de hoxe

Publicada o

- Advertisement -

Unha ampla representación do BNG asistíu ás San Lucas en Mondoñedo. Na xornada de hoxe achegáronse a Mondoñedo as deputadas e deputados con responsabilidades en Medio Rural tanto no Parlamento coma na Deputación: Ariadna Fernández, Sonia Vidal, Secundino Fernández, Montse Valcárcel e Daniel García, que acompañaron ao portavoz municipal de Mondoñedo Eloi Cabanas e a concelleira Pepa Carballeira, xunto coa alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade Ana Ermida, o alcalde de Muras Manuel Requeixo, o tenente de alcaldesa de Burela Mario Pillado, o responsable comarcal Antonio Veiga e diversos cargos orgánicos e institucionais da comarca.

Apoio ao sector mediante axudas directas para facilitar o manexo de gandeiría no monte

Os nacionalistas, que entre outros actos estiveron presentes na Baixada tradicional dos cabalos dos montes cara á feira, reuníronse e entrevistáronse tamén cos gandeiros e gandeiras e xente do sector en xeral presente na feira. O BNG valora moi positivamente a importante función que desenvolven os gandeiros con gando de monte, sobre todo no que tén que ver coa prevención de incendios. Neste sentido as parlamentarias do BNG manifestaron a necesidade de que haxa un apoio ao sector mediante axudas directas para investimentos que faciliten o manexo de gandeiría extensiva no monte e o seu pastoreo e unha liña específica para promover os plans de aproveitamento silvopastoril na ordenación da superficie das CMVMC que permita o seu recoñecemento no rexistro de montes con uso gandeiro.

É necesario un plan de fomento da gandeiría extensiva

Para os nacionalistas, a superficie comunal constitúe unha oportunidade de emprego e de mellora da economía rural, por eso consideran necesario que desde a administración e en colaboración coas comunidades de montes se impulse un plan de fomento da gandeiría extensiva no monte baseado no pastoreo.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...