InicioPolíticaMiriam Bermúdez abandona a corporación local de Viveiro e o BNG

Miriam Bermúdez abandona a corporación local de Viveiro e o BNG

Acompáñana nesta decisión Bea Lage, responsable local, e Iván Pena, responsable de comunicación

Publicada o

- Advertisement -


A portavoz municipal do BNG en Viveiro ata agora, Míriam Bermúdez, presenta a súa renuncia como concelleira e pon fin á súa etapa política. Acompáñana nesta decisión Bea Lage, responsable local, e Iván Pena, responsable de comunicación.

Entre outras cuestións, a marcha prodúcese por discrepancias cos responsables comarcais do BNG e pola inacción do BNG nacional para resolver o problema.

Durante os últimos anos, Míriam Bermúdez desenvolveu a súa actividade con moito traballo, esforzo e dedicación. Grazas a ese compromiso, o BNG pasou de non ter representación no Concello de Viveiro a contar con tres concelleiros na actualidade. Ao longo deste período, impulsáronse propostas propias, actuais e orientadas á modernización de Viveiro.

Míriam Bermúdez pecha así esta etapa na que contribuíu á consolidación dunha organización local máis estruturada e un concello máis dinámico e enfocado na veciñanza.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...