InicioPolíticaO BNG da Mariña chama a manifestarse pola sanidade pública en Viveiro

O BNG da Mariña chama a manifestarse pola sanidade pública en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O BNG convida a toda a comarca á manifestación que vai ter lugar en Viveiro o vindeiro domingo 23, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña baixo o lema “Pola resurrección da nosa sanidade”. A situación de desmantelamento que sufre a sanidade pública avanza a pasos de xigante nos últimos anos, acelerándose desde que hai oito anos o Partido Popular eliminou a Área Sanitaria da Mariña, procedendo á reducción progresiva de moitos servizos que antes se ofrecían na comarca obrigando agora aos doentes a acudir a Lugo. Servizos que se resinten, coma as panorámicas dentais, as densitometrías, dixestivo, uroloxía, medicina interna, unha sola ambulancia medicalizada para toda a Mariña, e un longo etc. de servizos que están quedando en cuadro provocan o conseguinte malestar entre a cidadanía mariñá e tamén múltiples reclamacións dos doentes.

Desmantelamento da Atención Primaria

En canto á Atención Primaria, na comarca está prácticamente desmantelada, tanto a nivel de recursos económicos coma humanos con repetidas ausencias de médicos en moitos centros de saúde que o Sergas cubre temporalmente ou por horas, e nunca na súa totalidade. A este tema referíuse o deputado mariñao Daniel Castro afirmando que “esta situación na Mariña é insoportable por mais tempo e o PP tén que darse conta de que non poden seguir xogando coa nosa saúde, porque eso é o que está facendo e por riba deso ainda ríndose de nós cada vez que levamos iniciativas ao Parlamento denunciando as situacións que se viven en case todos os concellos, e poño por caso os máis recentes: Viveiro, Ourol, O Vicedo, Muras, Riotorto, Ribadeo.”

Máis Atención Primaria. Máis Atención Hospitalaria. Máis Sanidade Pública

Os nacionalistas fan súas tamén as reivindicacións de colectivos coma SOS Sanidade Pública ou da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña que convoca esta mobilización, plataforma da que o BNG forma parte, e demanda tamén Máis Atención Primaria, con Centros de Saúde de PACs dotados de persoal suficiente de todas as categorías, Máis Atención Hospitalaria coa utilización plena dos recursos e acabando coa política de concertación coa privada, plans para reducir as listas de agarda e a non ocultación das mesmas. “Son moitas as cousas que se está xogando esta comarca da Mariña nos últimos anos, pero a máis desesperante é a situación da sanidade, porque levamos anos reclamando o incremento do orzamento sanitario público, recuperar os servizos privatizados e o que é crucial e máis importante: recuperar a nosa Área Sanitaria que o PP eliminou e agora estanse vendo as consecuencias deso, entre elas as derivacións a Lugo, que non só é unha viaxe a Lugo, é unha viaxe no tempo catro décadas atrás” manifestou o responsable comarcal Antonio Veiga.

O domingo 23, todos a Viveiro

Castro e Veiga animan a toda a poboación mariñá a acudir masivamente a Viveiro o domingo 23 para frear esta situación, porque é a única forma de parar o desmantelamento, e tal como como venen facendo xa veciñas e veciños de diversas localidades coma O Vicedo, Muras, Ourol, Viveiro, Trabada, O Valadouro, A Pontenova, Ribadeo… en numerosas mobilizacións a nivel local.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...