InicioPolíticaO BNG reclama no Parlamento a finalización da senda entre Alfoz e...

O BNG reclama no Parlamento a finalización da senda entre Alfoz e O Valadouro

Publicada o

- Advertisement -

O deputado mariñao Daniel Castro García vén conseguir que se aprobe por uanimidade unha Proposición non de lei presentada polo BNG na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na que se insta á Xunta a rematar canto antes a senda peonil Vilaúde – O Reirado entre os concellos de Alfoz e O Valadouro.

Na pasada década, iniciouse a construción desta infraestrutura, “unha medida acertada” apuntou Castro que salientou a súa contribución a mellorar a comunicación entre ambos os municipios, cuxa poboación mantén fortes vínculos sociais, laborais e económicos. Porén, a obra quedou incompleta, deixando un tramo final de aproximadamente 600 metros sen executar. “Esta carencia obriga aos veciños e veciñas a desviarse por estradas secundarias, poñendo en risco a súa seguridade” advertiu.

En febreiro de 2020, o Concello de Alfoz trasladou á Xunta unha proposta formal para rematar o proxecto, mais tal e como trasladou o deputado nacionalista “ata o de agora, o goberno municipal non obtivo resposta” por parte do goberno do PP.

Daniel Castro considerou que a conclusión desta senda é “fundamental” para mellorar a mobilidade, fomentar a actividade física e garantir a seguridade das persoas que tansitan entre Vilaúde e O Reirado. Así, a formación nacionalista insta á Xunta a atender as demandas dos concellos e completar, “dunha vez por todas”, esta infraestrutura.

Dende o BNG reiteran o seu compromiso co desenvolvemento das infraestruturas locais e a seguridade viaria, e seguirán traballando para que esta demanda lexítima da veciñanza sexa atendida con urxencia.

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...