InicioPolíticaConta atrás para a moción de censura en Viveiro

Conta atrás para a moción de censura en Viveiro

PP e Por Viveiro buscarán este mércores pechar o acordo para a moción de censura en Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular e Por Viveiro volverán reunirse este mércores 18 de febreiro co obxectivo de selar unha alianza das dúas forzas e presentar unha moción de censura para facerse co goberno da localidade vivairense. A reunión está prevista para as 20.00 horas e servirá para pór sobre a mesa as follas de ruta de ambos os partidos e ver a viabilidade dun futuro acordo de goberno.

A primeira reunión celebrouse hai unha semana e foi cualificada por ambos os como “moi intensa e frutífera”, na que expuxeron as “necesidades de Viveiro” e a priorización das mesmas, centrándose nas liñas programáticas. Despois dunha semana de debates e preparación, esta segunda reunión será definitiva para chegar a un acordo, xa que presentarán un documento de compromiso entre ambas as formacións, no que hai achegas de ambos.

variante, a PXOM ou recuperar o mobiliario das distintas áreas como deportes e cultura son algúns dos temas nos que achegaron posturas, así como a intención de implicar nestes dous anos que quedarían de Goberno a todas as administracións. Nesta segunda reunión tamén se debaterán outros temas do acordo entre ambas as formacións, como a composición do futuro Goberno.

A unión dos sete concelleiros populares e os dous de Por Viveiro sumarán unha maioría absoluta que supera ao actual Goberno, formado por 5 concelleiros do PSOE e 3 de BNG, que en coalición preside a socialista María Loureiro. Por Viveiro apoiou, ao acabar as últimas eleccións, á coalición de esquerdas, pero hai uns días anunciou a ruptura co equipo de Goberno, sobre o que dixo que “estaba desgastado, sen liderado, nin peso político”. Alegou Bernardo Fraga naquel momento que non se cumpriron as demandas que asinaron para apoiar a investidura de Loureiro. Se se chega a un acordo, ambas as formacións presentarán unha moción de censura, que derivará na convocatoria dun pleno extraordinario nun prazo máximo de dez días.

ÚLTIMAS

Cervo celebra este sábado unha proba de atletismo do Programa Xogade

O Concello de Cervo será este sábado escenario por primeira vez dunha proba de...

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...