Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os alcaldes de Xove e Cervo, Demetrio Salgueiro e Dolores García, en representación do Partido Popular, mantiveron unha reunión con traballadores da planta de San Cibrao, en Alcoa, aos que trasladaron o seu apoio.
Ademais, os senadores entregaron toda a documentación relativa ás iniciativas presentadas na Cámara Alta en relación a cinco dos puntos máis significativos, sinalan, respecto a a continuidade da actividade da planta.
“Para que o comité de empresa coñeza directamente o que responde o Goberno de Sánchez en relación a Alcoa”, indican nun comunicado no que demandan ao Goberno central a convocatoria da mesa de seguimento do acordo relativo á empresa.
Tamén, engaden, “a axilización das distintas tramitacións pendentes e outras medidas para favorecer a viabilidade da fábrica San Cibrao”.
