InicioPolíticaO PP na Deputación de Lugo pedirá unha moción de urxencia sobre...

O PP na Deputación de Lugo pedirá unha moción de urxencia sobre Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo Provincial Popular defenderá no pleno de mañá unha moción de urxencia para que o Goberno central tome de inmediato medidas concretas para garantir a viabilidade de Alcoa: “non valoramos outro escenario que a unanimidade do pleno xa que é un problema que nos afecta a toda a provincia, non só á Mariña”, sinalaron.

Para os deputados urxe que o Ministerio de Industria e Turismo convoque a mesa de seguimento de Alcoa San Cibrao así como a autorización dos parques eólicos vencellados á produción de enerxía para a factoría mariñá a prezos competitivos.

No Grupo Provincial Popular tamén ven necesario que o Goberno do Estado consigne os 74M€ correspondentes ás compensacións da compra dos dereitos de emisión de CO2 indirecto que non percibiu entre os anos 2018 e 2021 e o aumento da dotación orzamentaria ata o máximo legalmente permitido pola normativa europea para compensar os custos indirectos por CO2 da industria electrointensiva.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...