InicioPolíticaO Estado ve "correcto" o estado de conservación da N-642 e o...

O Estado ve “correcto” o estado de conservación da N-642 e o PP táchao de “insulto á intelixencia”

Os senadores populares interpelaran ao Ministerio de Transportes

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central considera que o estado de conservación da N-642 na Mariña “é, en xeral, correcto” nunha resposta escrita a unha pregunta formulada no Senado polo PP, que a ve “un insulto á intelixencia”.

Os senadores populares José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano interpelaran ao Ministerio de Transportes sobre as obras de rehabilitación que finalizaron no ano 2021 e que “só afectaron a dous tramos”.

O PP sinala que “a deterioración” do firme da N-642 é “evidente para todos os que empregan esta vía habitualmente”. Con todo, engade, o Executivo central “non parece ser moi consciente da realidade” da Mariña.

“Se o Goberno valora como correcto o estado do pavimento desta estrada está a recoñecer implicitamente que non ten previsto, unha vez máis, facer obras de reparación e conservación na mesma”, critican os senadores.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...