InicioPolíticaO PP sinala que PSOE e BNG descoidan a seguridade nas estradas...

O PP sinala que PSOE e BNG descoidan a seguridade nas estradas provinciais

Publicada o

- Advertisement -

O PP provincial de Lugo sinala nun comunicado que tanto PSOE como BNG na Deputación de Lugo están esquecendo a seguridade nas estradas de competencia provincial. Os ‘populares’ indican que a proba disto é a falta de mantemento na rede de comunicacións da provincia.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, xunto aos concelleiros do PP de Lourenzá, Roberto Díaz e Sandra Gómez, comprobaron o mal estado das estradas que a Deputación ten en Lourenzá, preocupando especialmente a situación da LU-P-2803.

Esta estrada provincial, que uno Santo Tomé con Lindín, é moi empregada a diario xa que conecta varios núcleos de poboación ademais de contar con parte do Camiño do Norte, unha vía en auxe e que cada vez conta con máis peregrinos.

Antonio Ameijide pon de manifesto a necesidade de dotar a esta estrada de medidas de seguridade xa que é moi estreita en moitos puntos “e agora no verán aínda máis porque a Deputación aínda non realizou o desbroce da maleza polo que o espazo para que vehículos e peregrinos poidan pasar é máis reducido”.

Tanto Antonio Ameijide como Roberto Díaz e Sandra Gómez coinciden na necesidade de habilitar unha senda peonil segregada da vía, naqueles puntos onde sexa preciso, para garantir a seguridade para camiñantes e condutores. “Non sería o primeiro lugar no que se habilita unha senda peonil á marxe da estrada pola que poidan transitar os peregrinos e demais peóns de forma que se separe o seu tránsito do tráfico rodado”, sinalaron.

Ademais sería preciso realizar un correcto mantemento da vía, comezando por reasfaltar aqueles puntos máis danados, o repintado da sinalización horizontal e a poda das árbores e desbroce da vexetación.

Poñer en práctica este tipo de medidas, ademais de mellorar a seguridade, axudarían a que os peregrinos que percorren o Camiño se leven unha imaxe mellor da provincia de Lugo. “A realidade é que o PSOE e o BNG dende a Deputación de Lugo teñen a provincia completamente abandonada, cos desbroces sen realizar a piques de rematar o verán. Que dirán estes visitantes cando volvan aos seus lugares de orixe?”, denunciaron.

ÚLTIMAS

Anxo Martíns: “O irmandamento con Loktudi é un dos vinte que hai entre vilas galegas e bretoas”

-Como nace a este irmandamento entre Ribadeo e Loktudi na Bretaña francesa? En 2005, respondendo...

Iria Castro destaca o papel dos filántropos na presentación do Ribadeo Indiano

 A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde  acto inaugural do Ribadeo Indiano,...

Viveiro recoñecido como Concello Emprendedor pola Xunta

O Concello de Viveiro vén de recibir a declaración oficial como Concello Emprendedor, segundo...

O mercado de Foz será o venres 18 en vez do martes debido ás Festas do Carme

O Concello de Foz anuncia que a vindeira semana o tradicional mercado dos martes,...