InicioPolíticaRueda: "Non se pode vincular a continuidade de Alcoa coa ampliación da...

Rueda: “Non se pode vincular a continuidade de Alcoa coa ampliación da balsa”

Di que a Xunta será moi "estrita" cos permisos para a ampliación desta balsa.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta anunciou que a Xunta será “moi estrita” sobre a posible ampliación da balsa de lodos tóxicos de Alcoa porque “medioambientalmente, debe estar moi controlado”. “Se procede a renovación e o permiso para a súa ampliación, farémolo. O que non podemos facer é vincular esta ampliación á continuidade. Son cousas diferentes. A empresa ten os seus compromisos e ten que cumprilos”, comentou.

“Sempre dixemos que se se decide unha intervención, apoiaríase; se hai unha posibilidade de venda, faremos todo o posible para favorecela tamén. Se queren seguir, que sería o desexable, temos que apoiar con todos os medios para que así sexa. Pero estes permisos ambientais, seguen o seu curso”, puntualizou.

A ampliación da balsa de lodos de Alcoa en San Cibrao está pendente de que a empresa achegue máis documentación á Xunta de cara ás súas autorizacións, así como da súa caracterización como residuo perigoso. A compañía remitiu un escrito para rebater as alegacións do organismo de saúde pública, no cal comunica que entende que o seu informe cumpre cos parámetros. Despois do proceso de saúde pública, aínda faltaría a Declaración de Impacto Ambiental (DIA).

De feito, o comité de empresa vincula a continuidade de Alcoa a esta cuestión e quere que a empresa sexa transparente. De feito, pide unha futura mesa técnica para abordar os pasos a seguir. A actual balsa é un gran vertedoiro de lodos tóxicos. Ten 87 hectáreas de superficie e 42 hectómetros cúbicos de capacidade practicamente desbordada e cuxa vida útil está próxima a finalizar.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...