InicioPolíticaCrecemento do PPdeG en Cervo, Xove, Viveiro, Burela, O Valadouro, Foz e...

Crecemento do PPdeG en Cervo, Xove, Viveiro, Burela, O Valadouro, Foz e Ribadeo

O PSdeG, relegado a terceira forza en Cervo, Xove, Viveiro, Foz, O Valadouro e Burela.

Publicada o

- Advertisement -

O PP reforzou o seu liderado nas urnas na contorna da factoría de Alcoa, onde subiu tanto porcentualmente como en número de votos en Cervo, Xove, Viveiro, Burela, O Valadouro ou Foz. En todos eles, os populares son primeira forza e incrementan os seus apoios nuns 2.000 votos con porcentaxes de votos que oscilan entre o 45 e 52,89 por cento.

Así, o PP de Alfonso Rueda aumentou un 3% a súa porcentaxe de voto en Cervo, municipio no que se sitúa a factoría mariñá da multinacional do aluminio que conectou as súas cubas para a súa rearranque a mesma semana en que se iniciaba a campaña electoral. Os populares subiron case 200 votos nun concello no que BNG pasa do 35 ao 33% a pesar de gañar apoios (uns 40) e o PSdeG cae dous puntos (ata o 17%) tras deixarse 100 votos.

E é que a subida do PP é xeneralizada nos municipios da contorna da factoría de San Cibrao. En Xove, rozan o 54% (+3%) dos votos e experimentan a súa maior subida porcentual en Burela con 4 puntos máis (48,9%). Tamén crecen en Viveiro (45%, +3), en Foz (45,8%, +1) e O Valadouro (47,8%, +0,5).

En todos eles, os socialistas quedan relegados ao terceiro posto entre as forzas máis votadas, superados polo BNG, que sobe un 4% en Burela e móvese en porcentaxes similares aos de fai catro anos no resto salvo en Xove, onde baixa un punto.

Pola súa parte, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, valora de xeito moi positivo os resultados acadados polo PP de Ribadeo na xornada electoral de onte “un dos mellores da provincia de Lugo”. Tamén quixo “agradecer a aquelas persoas que nos apoiaron no día de onte. Trátase dun resultado magnífico: 2.806 votos, iso significa un 52,5%, e que o Partido Popular de Ribadeo obtivo un resultado dos mellores da provincia”.

ÚLTIMAS

Ribadeo abre a inscrición para as actividades de verán

Do 20 o 24 de maio estará aberta a inscrición para participar nas actividades...

Viveiro conmemorou as Letras Galegas con actividades no Pastor Díaz

O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades...

Comezan as I Xornadas da Cabala organizadas por ACISA Ribadeo

Arrincaron este venres en Ribadeo as Xornadas da Cabala, que organiza Acisa coa colaboración...

O xuíz do ‘caso Alcoa’ alonga seis meses máis a investigación sobre a venda das plantas da Coruña e Avilés

O xuíz da Audiencia Nacional que investiga a querela que presentou en 2020 a Confederación...