InicioOrientalTrabadaReapertura da ponte entre as parroquias de Valboa e Cedofeita en Trabada...

Reapertura da ponte entre as parroquias de Valboa e Cedofeita en Trabada despois das obras de melloras

"Antes dos traballos, a vía presentaba un estado deficitario cunha ponte moi estreita sobre o rego Ferreira, polo que tras as obras melloramos a comunicación e a seguridade viaria”, explica Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas da finalización das obras de acondicionamento da ponte que une a parroquia trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita. Tras estes traballos, realizados de forma conxunta co Concello de Ribadeo, a vía reábrese ao tráfico rodado.

Os traballos consistiron no acondicionamento e pavimentación deste camiño supramunicipal, que une as citadas parroquias a través dunha ponte. Ademais, prolongouse o paso existente sobre o rego Ferreira e instaláronse barreiras de seguridade en ambas marxes, para que o acceso estea en boas condicións.

Ambos concellos fixemos un esforzo para arranxar este camiño, que une diferentes núcleos de poboación. Antes dos traballos, a vía presentaba un estado deficitario cunha ponte moi estreita sobre o rego Ferreira, polo que tras as obras melloramos a comunicación e a seguridade viaria”, explica Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Esta vía serve de acceso a fincas agrícolas, explotacións gandeiras e forestais, polo que soporta bastante tráfico pesado, que ocasiona un maior deterioro do firme. “Mellórase tamén o trazado da curva, para facilitar os xiros de vehículos pesados. Ademais, co acondicionamento da vía, os vehículos en servizo de emerxencia poden facer da mesma en boas condicións”, engade a rexedora.

Para poder realizar os traballos, ambos municipios lograron unha subvención solicitada conxuntamente á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta. Os Concellos de Ribadeo e Trabada aportaron o 30% dun orzamento que ascende a 62.500 euros.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...