InicioOrientalTrabadaTrabada finaliza as obras de renovación no pavillón polideportivo municipal

Trabada finaliza as obras de renovación no pavillón polideportivo municipal

“Dende o goberno municipal solicitamos en tres ocasións axuda á Xunta de Galicia, dúas veces a través da convocatoria de axudas de Vicepresidencia, que dirixe Alfonso Rueda, e unha vez na reunión mantida co secretario xeral de Deportes, José Manuel Lete, pero decidiron non colaborar con este proxecto e tivemos que esperar, como sucede en moitas ocasións, a poder realizar estas actuacións”, lembra a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de reforma dos vestiarios e o ximnasio do pavillón polideportivo municipal.

A actuación nos vestiarios foi na zona das duchas, renovando o pavimento por un novo e antideslizante, ademais de mellorar a rede de saneamento e os desaugues. Segundo o informe técnico da empresa, cando realizaron os traballos de picado da baldosa existente detectouse que había moi pouco cemento, cun espesor de poucos centímetros e escasa consistencia.

No ximnasio, o concello adquiriu novas máquinas tanto de cardio (cintas de correr, bicicletas, air bike e remo) como aparatos de musculación (prensa, dominadas asistidas) e un banco de estiramentos, ademais de repoñer os espellos existentes. Desta forma, mellorouse o equipamento do ximnasio coa finalidade de ampliar as posibilidades de exercitarse e ofrecerlle un mellor servizo aos usuarios.

“Dende o goberno municipal solicitamos en tres ocasións axuda á Xunta de Galicia, dúas veces a través da convocatoria de axudas de Vicepresidencia, que dirixe Alfonso Rueda, e unha vez na reunión mantida co secretario xeral de Deportes, José Manuel Lete, pero decidiron non colaborar con este proxecto e tivemos que esperar, como sucede en moitas ocasións, a poder realizar estas actuacións”, lembra a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

Finalmente, asinouse coa colaboración da Deputación de Lugo un convenio para poder levar a cabo estas melloras tan necesarias, tanto polos usuarios do ximnasio como polo inmoble en sí, xa que o mal estado dos vestiarios producía filtracións.

Aínda que o orzamento inicial das dúas actuacións era de 45.041,14 euros, incluídos os honorarios, dos cales a Diputación aportaba 44.000 euros e o concello 1.041,14 euros, despois da licitación do proxecto adxudícaronse as obras por 35.000 euros.

O Concello de Trabada solicitará esta baixa económica á Deputación de Lugo, “algo que permite a institución provincial e que volvemos a solicitar que a Xunta de Galicia tamén o permita, xa que as baixas que se producen nas licitacións en vez de quedar a disposición dos concellos para realizar con eses cartos outras actuacións no municipio, revirten na Xunta de Galicia”, engade García Bermúdez.

“Para o noso grupo de goberno esta actuación é fundamental porque o fomento do deporte e os hábitos de vida saudables son dúas prioridades, estas melloras no polideportivo eran moi necesarias”, remata a alcaldesa de Trabada.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...