InicioOrientalTrabadaA Xunta responde á alcaldesa de Trabada que o colexio da localidade...

A Xunta responde á alcaldesa de Trabada que o colexio da localidade ten unha aula de infantil desde setembro

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, explica que a parada de transporte escolar que reclama para un estudante nunca figurou no contrato porque está a 370 metros da oficial, onde se recolle varios alumnos

Publicada o

- Advertisement -

Nunha nota de prensa enviada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, este departamento responde á alcaldesa de Trabada, Mayra García, que “habilitou este curso unha aula de Educación Infantil no colexio Celso Currás de Trabada, no que hai case trinta nenos e nenas matriculados dos que nove corresponden á etapa de infantil”.

A nota enviada desde o departamento que dirixe Román Rodríguez foi enviada logo de que a alcaldesa criticara a falta da aula de infantil. Educación responde “que leva funcionando dende o mes de setembro debido a que o incremento da matrícula permitiu superar o mínimo de seis alumnos inscritos que se require para poñer en marcha a unidade”.

A Consellería sinala tamén que é falso que se suprimiran paradas de autobús do transporte escolar. Educación indica que a parada de autobús “á que supostamente se refire a alcaldesa nunca figurou no contrato coa empresa operadora do servizo“. O motivo sinalado por Educación é “porque está a 370 metros da parada oficial da igrexa, onde si se recolle a varios estudantes“.

Ademais disto, tamén se apunta no documento da Consellería de Educación que os vehículos do transporte escolar -en exclusiva ou compartido- “só poden realizar as rutas e paradas autorizadas” por motivos de seguridade.

A parada de autobús que sinalaba a alcaldesa de Trabada como eliminada “era un punto non autorizado onde se recollía un estudante de BAC -sen dereito polo tanto a transporte escolar-, que ten a opción de seguir utilizando o bus de xeito gratuíto a través da tarxeta Xente Nova da Xunta de Galicia”, pero debe desprazarse ata a parada da igrexa, asignada para todos os veciños e veciñas da zona.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...