InicioOrientalTrabadaO Concello de Trabada agasalla aos seus maiores con galanos de Nadal

O Concello de Trabada agasalla aos seus maiores con galanos de Nadal

En concreto, regaláronlles un paquete de productos de cosmética que o concello mercou na farmacia de Trabada, coa finalidade de colaborar co comercio local.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García, e os concelleiros Julia María Barcia e Rubén García visitaron o centro de maiores para pasar un rato coas persoas usuarias, desexarlles felices festas e obsequiarlles cun regalo de Nadal.

En concreto, regaláronlles un paquete de productos de cosmética que o concello mercou na farmacia de Trabada, coa finalidade de colaborar co comercio local.

“Queremos felicitar unha vez máis ao persoal da residencia polo gran traballo que realizan”, afirmou a alcaldesa, agradecendo tamén a colaboración “do centro de saúde e a farmacia, así como ao persoal do concello e á Deputación de Lugo pola importante labor que fan para que os nosos maiores teñan un envellecemento digno, xa que fixeron das instalacións da residencia un fogar”.

Mayra García Bermúdez destaca que “a xestión está centrada nas persoas, con independencia da súa capacidade económica; un modelo que xera riqueza no territorio, xera postos de traballo, aumenta o consumo dos comercios locais. En definitiva, un modelo para que os maiores encontren neste centro o seu fogar”.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...