InicioOrientalTrabadaA III Voltiña a Sante, Trabada, celebrarase este domingo cun percorrido pola...

A III Voltiña a Sante, Trabada, celebrarase este domingo cun percorrido pola contorna e unha paellada

A actividade dará comezo ás 11:00 horas, con saída desde o teleclub de Sante, e contará con dous posibles percorridos, de 6,5 e 8,5 quilómetros, cunha duración aproximada de dúas horas e media

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Sante acollerá este domingo, 30 de agosto, a III Voltiña a Sante, unha proposta organizada pola Asociación de Veciños San Xulián de Sante, en colaboración co Concello de Trabada e Trabada paso a paso, que combinará unha ruta pola contorna cunha xornada de convivencia entre participantes e veciñanza.

A actividade dará comezo ás 11:00 horas, con saída desde o teleclub de Sante, e contará con dous posibles percorridos, de 6,5 e 8,5 quilómetros, cunha duración aproximada de dúas horas e media. A organización recomenda acudir con roupa e calzado cómodo e establece como obrigatorio o uso de chaleco durante o percorrido.

A xornada continuará a partir das 14:30 horas cunha gran paellada en Sante, que incluirá paella, pan, bebida, sobremesa e café. O prezo será de 20 euros para socios e participantes e de 25 euros para non socios. A comida estará servida por Catering Adriano.

As persoas interesadas en participar na paellada deberán realizar a súa inscrición antes do 27 de agosto, a través dos teléfonos 636 024 263 e 677 331 980.

Desde o Concello de Trabada destacan a importancia de apoiar e colaborar coas asociacións e colectivos do municipio na organización de actividades que favorecen a participación, o encontro e a dinamización das parroquias.

O Concello agradece o traballo e a implicación da Asociación de Veciños San Xulián de Sante e de Trabada paso a paso que fan posible esta iniciativa, e anima á veciñanza a participar nesta nova edición da Voltiña a Sante para desfrutar dunha xornada de deporte e convivencia.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...