InicioOrientalTrabadaTrabada inicia as obras de mellora dos accesos á antiga escola de...

Trabada inicia as obras de mellora dos accesos á antiga escola de Fórnea

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que «seguimos traballando na mellora dos espazos públicos das nosas parroquias, neste caso actuando na contorna do local social de Fórnea para que a veciñanza conte cun acceso máis seguro, cómodo e axeitado»

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de iniciar as obras de mellora dos accesos á antiga escola de Fórnea, actual local social da parroquia, cunha actuación destinada a mellorar tanto a seguridade como a accesibilidade e as condicións de uso deste espazo público.

Os traballos contemplan a substitución da antiga barandilla, que se atopaba deteriorada, por unha nova, así como a ampliación do espazo público situado xunto ao local social. Ademais, procederase ao hormigonado tanto do acceso ao edificio como da zona ampliada, creando un espazo máis cómodo e funcional para a veciñanza.

A actuación pode levarse a cabo grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo, que permite ao Concello continuar coa mellora dos espazos e equipamentos públicos das diferentes parroquias do municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que «seguimos traballando na mellora dos espazos públicos das nosas parroquias, neste caso actuando na contorna do local social de Fórnea para que a veciñanza conte cun acceso máis seguro, cómodo e axeitado».

Esta actuación dá continuidade aos traballos realizados nos últimos meses na parroquia de Fórnea, entre os que se atopa a renovación do parque infantil, coa substitución dos diferentes elementos de xogo e a renovación do pavimento da zona.

O Concello de Trabada continúa, ademais, traballando na definición de novos proxectos de mellora que serán anunciados nos próximos meses e que permitirán seguir actuando tanto en Fórnea como noutras parroquias do municipio.

«O noso compromiso é continuar chegando coas actuacións municipais ás diferentes parroquias, mellorando os seus espazos públicos e equipamentos para que estean nas mellores condicións para o uso e desfrute da nosa veciñanza», engade o rexedor.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...