InicioOrientalTrabadaComezan as obras de transformación do complexo deportivo de Trabada para ampliar...

Comezan as obras de transformación do complexo deportivo de Trabada para ampliar os seus servizos

Coa execución deste proxecto, o Concello continúa apostando pola mellora das infraestruturas municipais, consolidando o complexo deportivo como un punto de encontro para a práctica deportiva, o ocio e a acollida de visitantes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de iniciar as obras de transformación do complexo deportivo municipal, unha actuación que permitirá ampliar os seus servizos e continuar mellorando un dos principais espazos públicos do municipio.

O proxecto contempla a reubicación da pista de pádel, a construción dunha nova área de autocaravanas equipada con todos os servizos necesarios —vaciado de augas grises e negras, baños, duchas e conexións de auga e electricidade—, a creación dun novo local multiusos nos antigos vestiarios e diferentes melloras na zona de descanso.

Estas actuacións son posibles grazas á colaboración doutras administracións. O Concello conseguiu unha axuda da Xunta de Galicia de 30.000 euros, á que se suma unha achega da Deputación de Lugo superior aos 150.000 euros, permitindo facer realidade unha actuación estratéxica para o municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que “con estas obras damos un novo paso para completar o complexo deportivo de Trabada, dotándoo de novos servizos e converténdoo nun espazo máis moderno, funcional e preparado tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan.”

O rexedor subliña ademais que “seguimos aproveitando todas as oportunidades de financiamento doutras administracións para continuar transformando o noso concello con investimentos que melloran os servizos públicos, fomentan o turismo e crean novos espazos de convivencia e lecer.”

Coa execución deste proxecto, o Concello continúa apostando pola mellora das infraestruturas municipais, consolidando o complexo deportivo como un punto de encontro para a práctica deportiva, o ocio e a acollida de visitantes.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...