InicioOrientalTrabadaRDG notificará o luns 3 de agosto en persoa aos beneficiarios das...

RDG notificará o luns 3 de agosto en persoa aos beneficiarios das bonificacións na luz en Trabada

Os técnicos desprazaranse polas diferentes vivendas para trasladar directamente a información correspondente ás persoas incluídas nesta medida, resolvendo as cuestións necesarias durante o proceso de comunicación.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada informa de que, a partir do vindeiro luns, o persoal de Recursos de Galicia iniciará no municipio a notificación presencial ás persoas beneficiarias das bonificacións na factura da luz.

Os técnicos desprazaranse polas diferentes vivendas para trasladar directamente a información correspondente ás persoas incluídas nesta medida, resolvendo as cuestións necesarias durante o proceso de comunicación.

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinala que “é importante que a veciñanza saiba que, desde o luns, o persoal de Recursos de Galicia visitará os domicilios das persoas beneficiarias para comunicarlles esta información de maneira presencial.”

Ao mesmo tempo, o rexedor lembra que o Concello continuará defendendo a ampliación do ámbito destas axudas. “Seguiremos reclamando que estas bonificacións poidan chegar a un maior número de fogares, co obxectivo de que todos os veciños e veciñas de Trabada poidan beneficiarse desta medida.”

Desde o Concello agradecen a colaboración da veciñanza durante este proceso e reiteran o seu compromiso de seguir traballando para que o maior número posible de familias do municipio poidan acceder a este tipo de iniciativas.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...