InicioOrientalTrabadaTrabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

Desde o Concello sinalan que esta actuación forma parte da aposta continua pola modernización dos medios municipais, co obxectivo de seguir prestando servizos de calidade á veciñanza.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor, unha adquisición que supuxo un investimento de 16.504,34 euros e que foi posible grazas a unha axuda do Fondo de Compensación Ambiental.

A nova maquinaria foi adquirida en Talleres Cancelos, empresa situada no propio concello de Trabada, contribuíndo así tamén ao impulso da economía local. Esta incorporación permitirá reforzar os traballos de desbroce que o Concello realiza ao longo de todo o ano, tanto nas vías municipais asfaltadas como nos camiños de terra, mellorando a eficiencia e a calidade do servizo prestado á veciñanza.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos renovando e mellorando a maquinaria municipal para ofrecer uns servizos públicos cada vez máis eficaces e adaptados ás necesidades do municipio”. O rexedor engadiu que “esta adquisición permitiranos seguir mellorando os traballos de conservación e mantemento das vías municipais, ao tempo que apostamos por adquirir equipamento en empresas do noso concello, contribuíndo tamén ao desenvolvemento da economía local”.

Desde o Concello sinalan que esta actuación forma parte da aposta continua pola modernización dos medios municipais, co obxectivo de seguir prestando servizos de calidade á veciñanza.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...