InicioOrientalTrabadaTrabada instala novas zonas de sombra na piscina municipal para mellorar o...

Trabada instala novas zonas de sombra na piscina municipal para mellorar o servizo aos usuarios

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos mellorando as instalacións municipais para ofrecer o mellor servizo posible aos usuarios da piscina, incorporando novos espazos de sombra que permitan desfrutar destas instalacións con maior comodidade durante os días de máis calor”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de instalar novas zonas de sombra na piscina municipal coa colocación de varias jaimas, unha actuación que ten como obxectivo mellorar o confort e o benestar das persoas usuarias durante a tempada de verán.

Esta mellora complétase coa renovación da imaxe do recinto levada a cabo antes da apertura da piscina, reforzando así a aposta do Concello por ofrecer unhas instalacións cada vez máis cómodas e funcionais.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos mellorando as instalacións municipais para ofrecer o mellor servizo posible aos usuarios da piscina, incorporando novos espazos de sombra que permitan desfrutar destas instalacións con maior comodidade durante os días de máis calor”.

O rexedor mostrou tamén a súa satisfacción pola resposta da veciñanza e dos visitantes, sinalando que “a piscina municipal está tendo unha moi boa acollida desde a súa apertura o pasado 15 de xuño, o que nos anima a seguir realizando pequenas actuacións que melloren a experiencia das persoas que a utilizan”.

O Concello lembra que a piscina municipal permanecerá aberta ata o 15 de setembro, en horario de 12:00 a 21:00 horas, todos os días da semana.

Desde o Concello continúan traballando para mellorar os espazos públicos e ofrecer unhas instalacións modernas, accesibles e adaptadas ás necesidades da veciñanza e dos visitantes.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...