InicioOrientalTrabadaComezan en Trabada os campamentos de verán infantil e xuvenil para a...

Comezan en Trabada os campamentos de verán infantil e xuvenil para a conciliación familiar

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “estes programas son unha ferramenta fundamental para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán, ao tempo que ofrecen actividades educativas, deportivas e de ocio adaptadas ás diferentes idades”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada inicia hoxe, 1 de xullo, unha nova edición dos seus campamentos de verán, tanto na modalidade infantil como xuvenil, unha iniciativa que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto nas instalacións municipais.

Os campamentos terán lugar de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, ofrecendo ás familias do municipio unha alternativa de lecer, aprendizaxe e convivencia para os meses de verán.

O Campamento de Verán está dirixido a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2022, mentres que o Campamento Xuvenil está pensado para mozos e mozas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “estes programas son unha ferramenta fundamental para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán, ao tempo que ofrecen actividades educativas, deportivas e de ocio adaptadas ás diferentes idades”.

O rexedor subliñou ademais que “desde o Concello apostamos por manter durante todo o ano diferentes programas de conciliación familiar, conscientes da importancia que teñen para apoiar ás familias e dar resposta ás súas necesidades no día a día”.

Con esta nova edición, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso co benestar das familias e coa creación de espazos de convivencia, aprendizaxe e diversión para a infancia e a mocidade do municipio.

 

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...