InicioOrientalTrabadaTrabada entrega unha nova vivenda en alugueiro social na parroquia de Valboa

Trabada entrega unha nova vivenda en alugueiro social na parroquia de Valboa

O alcalde, Rubén García, destacou que “seguimos avanzando nun proxecto co que recuperamos patrimonio municipal, damos uso a inmobles emblemáticos das nosas parroquias e, ao mesmo tempo, ofrecemos solucións reais en materia de vivenda”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Trabada, Rubén García, asinou o contrato e fixo entrega da vivenda habilitada na antiga escola de mestres da parroquia de Valboa, que pasa a incorporarse ao proxecto municipal de vivenda en alugueiro social impulsado polo Concello.

Esta é xa a quinta vivenda entregada, tras as habilitadas nas antigas escolas de Vidal, Vilapercide, Trabadela e Sante, dentro dunha iniciativa coa que o Concello continúa traballando para dar unha segunda vida a edificios que formaron parte da historia e da memoria colectiva de moitas xeracións de veciños e veciñas de Trabada.

Neste caso, a vivenda contará cun alugueiro social de arredor de 140 euros mensuais, buscando ofrecer alternativas accesibles nun contexto marcado pola dificultade de acceso á vivenda e o incremento dos prezos do alugueiro.

O alcalde, Rubén García, destacou que “seguimos avanzando nun proxecto co que recuperamos patrimonio municipal, damos uso a inmobles emblemáticos das nosas parroquias e, ao mesmo tempo, ofrecemos solucións reais en materia de vivenda”.

Así mesmo, sinalou que “estas actuacións forman parte tamén da nosa estratexia para facer fronte ao reto demográfico e á problemática actual do acceso á vivenda, especialmente no rural”.

Desde o Concello de Trabada subliñan que continúan traballando na rehabilitación das antigas escolas que permanecen pendentes de actuación para seguir incorporando novas vivendas ao parque municipal de alugueiro social.

Ademais, o rexedor avanzou que nas vindeiras semanas presentarase un novo plan de vivenda para o Concello de Trabada.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...