InicioOrientalTrabadaTrabada anuncia novas melloras viarias na parroquia de Sante cun investimento superior...

Trabada anuncia novas melloras viarias na parroquia de Sante cun investimento superior aos 44.000 euroS

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada continúa anunciando novas actuacións de mellora nas estradas municipais. Neste caso, os traballos desenvolveranse na parroquia de Sante, coa execución dunha primeira fase de actuación nos accesos ao núcleo da igrexa.

O proxecto, cun investimento de máis de 44.000 euros, permitirá actuar en tres accesos que comunican co núcleo da igrexa, mellorando o estado das vías e a seguridade da circulación.

As actuacións previstas inclúen a limpeza previa de cunetas, o aglomerado en quente, o pintado completo das vías e a instalación de nova sinalización vertical.

En concreto, actuarase nos seguintes tramos:

Do Teleclub de Sante ata o cruce da panadería

Desde Penaquente ata O Prado

Desde a igrexa ata o Rego de Louro

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos avanzando na mellora das nosas estradas municipais, executando proxectos que permitan renovar infraestruturas importantes para o día a día da veciñanza”.

Así mesmo, sinalou que “seguimos traballando para levar actuacións ás distintas parroquias do concello, mellorando as comunicacións e os servizos municipais”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...