InicioOrientalTrabadaTrabada realizará melloras na estrada que conecta a Igrexa de Valboa coas...

Trabada realizará melloras na estrada que conecta a Igrexa de Valboa coas Cabanas

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos traballando para mellorar as nosas vías de comunicación, executando actuacións que contribúan a renovar infraestruturas fundamentais para a veciñanza”.

Publicada o

- Advertisement -

Trabada segue avanzando na mellora das estradas municipais

Trabada, 26 de maio de 2026. O Concello de Trabada continúa avanzando na mellora das súas infraestruturas municipais coa posta en marcha dunha nova actuación que se executará nos próximos meses na vía municipal que conecta a Igrexa de Valboa co lugar de As Cabanas.

O proxecto, cun investimento de máis de 45.000 euros, está incluído dentro do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo e suporá unha renovación integral deste primeiro tramo da vía.

As actuacións previstas incluirán a limpeza previa de cunetas, o aglomerado en quente da estrada, o pintado completo da vía e a instalación de nova sinalización vertical, mellorando así a seguridade, o estado do firme e as comunicacións nesta zona do municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos traballando para mellorar as nosas vías de comunicación, executando actuacións que contribúan a renovar infraestruturas fundamentais para a veciñanza”.

Así mesmo, sinalou que “seguimos elaborando novos proxectos para continuar levando melloras ás distintas parroquias do noso concello, co obxectivo de seguir modernizando os nosos servizos e espazos públicos”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...