InicioOrientalTrabadaTrabada informa sobre o proceso para optar a bonificacións eléctricas ligadas ao...

Trabada informa sobre o proceso para optar a bonificacións eléctricas ligadas ao parque eólico do Mondigo

Nos últimos días, o alcalde de Trabada, Rubén García, mantivo unha reunión co persoal de Recursos de Galicia para abordar esta iniciativa e coñecer os pasos necesarios para que os posibles beneficiarios poidan acceder a propostas adaptadas aos seus consumos enerxéticos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada informa das posibilidades de acceso a melloras nas condicións do subministro eléctrico vinculadas ao parque eólico Mondigo, dirixidas especificamente a gandeiros, agricultores, empresas e veciños e veciñas que contan cun comercio no Concello de Trabada.

Nos últimos días, o alcalde de Trabada, Rubén García, mantivo unha reunión co persoal de Recursos de Galicia para abordar esta iniciativa e coñecer os pasos necesarios para que os posibles beneficiarios poidan acceder a propostas adaptadas aos seus consumos enerxéticos.

Como primeiro paso, as persoas e entidades interesadas deberán rexistrar os seus datos e información sobre os seus consumos eléctricos a través da páxina web https://rdgdatos.gal/ ou mediante a aplicación móbil habilitada para este fin que é RDG Datos. A partir desa información, desde Recursos de Galicia elaboraranse propostas individualizadas orientadas á mellora dos prezos da enerxía.

O alcalde, Rubén García, sinalou que “desde o Concello queremos facilitar toda a información e acompañar aos posibles beneficiarios neste proceso, especialmente a sectores fundamentais para o noso municipio como son as explotacións gandeiras, agrícolas, o tecido empresarial e o pequeno comercio”.

Así mesmo, destacou que “é importante que as persoas e negocios aos que vai dirixida esta iniciativa poidan coñecer as opcións existentes e valorar posibles aforros nos seus custos enerxéticos”.

Desde o Concello de Trabada poñen á disposición dos interesados apoio para resolver dúbidas e colaborar na tramitación. Tamén se poderá contactar directamente con Recursos de Galicia no teléfono 604 012 723 para consultas ou información adicional.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...