InicioOrientalTrabadaTrabada e os Cabaleiros de Trabada presentan a edición de San Fernando...

Trabada e os Cabaleiros de Trabada presentan a edición de San Fernando 2026

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos promovendo e recuperando tradicións do noso concello, neste caso da man da asociación Cabaleiros de Trabada, cun traballo conxunto que nos permite seguir dinamizando a vida social e cultural do municipio”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Trabada, Rubén García, xunto cos membros da asociación Cabaleiros de Trabada, presentaron o cartel dunha nova edición da celebración de San Fernando, que terá lugar o vindeiro sábado 30 de maio na Capela de San Fernando, en Valboa.

Este evento, organizado conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación Cabaleiros de Trabada, volve apostar pola recuperación e posta en valor das tradicións locais, cunha xornada completa de actividades para todos os públicos.

A programación dará comezo ás 9:30 horas coa saída a cabalo desde o pavillón municipal ata San Fernando. Ás 12:00 horas celebrarase a misa e procesión, acompañada de gaitas, e a continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada por The Sound Project.

Ao longo da xornada tamén haberá exposición de gando cabalar, degustación gratuíta de empanada de poldro e mercado de produtos de proximidade. Xa pola tarde, ás 14:30 horas, celebrarase unha comida campestre, con actuacións musicais posteriores.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos promovendo e recuperando tradicións do noso concello, neste caso da man da asociación Cabaleiros de Trabada, cun traballo conxunto que nos permite seguir dinamizando a vida social e cultural do municipio”.

Desde o Concello animan a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta xornada, que combina tradición, gastronomía e convivencia nun entorno privilexiado.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...