InicioOrientalTrabadaÉxito da VII Festa da Enfariñada en Trabada, que segue medrando ano...

Éxito da VII Festa da Enfariñada en Trabada, que segue medrando ano a ano

“É unha gran satisfacción comprobar como a Festa da Enfariñada segue medrando ano tras ano e atraendo a cada vez máis xente”, sinalou o alcalde, Rubén García

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou o novo éxito da VII Festa da Enfariñada, celebrada onte, que volveu reunir a centos de persoas arredor da tradición e a gastronomía.

A cita, xa consolidada como un dos eventos máis destacados da Mariña lucense, superou novamente as expectativas, cunha gran afluencia de público e cun total de 750 racións de enfariñada servidas, tanto na súa versión tradicional como sen glute e con bonito de Burela.

“É unha gran satisfacción comprobar como a Festa da Enfariñada segue medrando ano tras ano e atraendo a cada vez máis xente”, sinalou o alcalde, Rubén García.

A festa contou tamén cun mercado de produtos locais e cun amplo programa musical que contribuíu a crear un ambiente festivo e de convivencia ao longo de toda a xornada.

O alcalde quixo facer un especial agradecemento aos veciños e veciñas, así como ás persoas voluntarias, que participaron activamente na organización e desenvolvemento do evento: “sen a súa implicación e colaboración, non sería posible seguir facendo medrar esta festa e manter viva a nosa tradición”.

Rubén García subliñou ademais que iniciativas como esta contribúen non só á conservación da cultura local, senón tamén á dinamización social e económica do municipio, consolidando a Festa da Enfariñada como unha referencia no calendario festivo da comarca.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...