InicioOrientalTrabadaTrabada vive a Festa da Enfariñada máis numerosa co apoio da Deputación

Trabada vive a Festa da Enfariñada máis numerosa co apoio da Deputación

Destacou Carmela López que a institución provincial achega 10.000€ a esta iniciativa, “que é un exemplo do valor das nosas tradicións populares, e da capacidade da xente de manter vivas as citas que forman parte da nosa identidade colectiva”.

Publicada o

- Advertisement -

 

A presidenta da Deputación, Carmela López, compartiu este domingo coa veciñanza a Festa da Enfariñada máis numerosa. Participou desta cita xunto ao alcalde de Trabada, Rubén García, alcaldes e alcaldesas da contorna, membros da corporación local e centos de persoas na explanada fronte ao parque da rúa San Roque.

Destacou Carmela López que a institución provincial achega 10.000€ a esta iniciativa, “que é un exemplo do valor das nosas tradicións populares, e da capacidade da xente de manter vivas as citas que forman parte da nosa identidade colectiva”.

Subliñou que a Enfariñada funciona como un elemento de identidade local, que pon en valor o patrimonio cultural, reforza o tecido comunitario e contribúe á dinamización social e turística do concello, atraendo visitantes e xerando actividade arredor. “Colaboramos coa Enfariñada respondendo ao noso compromiso co tecido asociativo e coas festas tradicionais, que son fundamentais para impulsar o equilibrio territorial da nosa provincia”, destacou.

A sétima edición desta celebración contou coma sempre coas degustacións das típicas enfariñadas, elaboradas con touciño, ovos, leite, fariña e auga. Volveu a contar con opcións sen glute, filloas de Muimenta e, un preparado con Bonito de Burela que foi unha das novidades este ano que ofreceu o colectivo Ledicia.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...