InicioOrientalTrabadaA enfariñada de Trabada regresa á Festa da Filloa de Muimenta como...

A enfariñada de Trabada regresa á Festa da Filloa de Muimenta como antesala do 3 de maio

A Festa da Enfariñada, que nesta edición se celebrará a partir das 12:00 horas na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque, ofrecerá degustacións tanto na súa versión tradicional como sen glute, así como racións de xamón cocido e chourizo e repetirán as fiolleiras de Muimenta

Publicada o

- Advertisement -

A promoción da VII Festa da Enfariñada de Trabada dará continuidade este ano coa súa presenza na Festa da Filloa de Muimenta, que se celebrará o vindeiro 1 de maio. O Concello de Trabada reafirma así a súa aposta por esta iniciativa para difundir un dos pratos máis tradicionais da Mariña lucense e convidar a veciños e visitantes a participar na celebración gastronómica prevista para o 3 de maio.

Durante a xornada en Muimenta, os asistentes poderán achegarse á historia e ao sabor da enfariñada, elaborada con ingredientes sinxelos pero cunha fonda carga identitaria. Ademais, repartirase material divulgativo co obxectivo de animar ao público a desprazarse ata Trabada e vivir a festa en primeira persoa.

A Festa da Enfariñada, que nesta edición se celebrará a partir das 12:00 horas na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque, ofrecerá degustacións tanto na súa versión tradicional como sen glute, así como racións de xamón cocido e chourizo e repetirán as fiolleiras de Muimenta. Tamén como novidade este ano haberá enfariñada con bonito de Burela. A programación completarase cun mercado de produtos locais e actuacións musicais.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de continuar participando neste tipo de eventos: “Volver á Festa da Filloa de Muimenta permítenos seguir dando visibilidade á nosa gastronomía e convidar a todo o mundo a descubrir a Festa da Enfariñada nun ambiente festivo e acolledor”.

O Concello de Trabada anima a toda a veciñanza e visitantes a reservar a data e achegarse o 3 de maio para gozar dunha xornada que combina tradición, sabor e cultura, consolidando a Festa da Enfariñada como unha cita destacada no calendario gastronómico da provincia e co desexo de que continúe crecendo e sumando apoio en cada edición.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...