InicioOrientalTrabadaO PP de Trabada denuncia a "falta de compromiso" do goberno local...

O PP de Trabada denuncia a “falta de compromiso” do goberno local coas políticas de emprego

O voceiro popular, José María Fernández, cualifica de " irresponsabilidade máxima" a decisión tomada polo alcalde, xa que, existindo ferramentas financiadas pola Xunta para fomentar a inserción laboral e a formación

Publicada o

- Advertisement -

Os concelleiros do PP de Trabada denuncian a “desidia e falta de compromiso” do goberno de Rubén García coas políticas de fomento do emprego, tras confirmar que o Concello non concorreu ás convocatorias de axudas para o programa Aprol Rural nin solicitou a posta en marcha de novos obradoiros de emprego.

O voceiro popular, José María Fernández, cualifica de ” irresponsabilidade máxima” a decisión tomada polo alcalde, xa que, existindo ferramentas financiadas pola Xunta para fomentar a inserción laboral e a formación, “vemos como o alcalde opta pola estratexia de brazos caídos, é dicir, non facer nada”.

Esta renuncia a solicitar axudas supón un golpe directo para os desempregados do municipio, que “perden a oportunidade de acceder a un posto de traballo ou a unha formación profesional remunerada”.

José María Fernández sinalou que esta actitude demostra que o emprego non está na axenda de prioridades do actual rexedor. “Deixar pasar estas convocatorias non é só un erro administrativo, é unha falta de respecto aos nosos veciños. Esta non é forma de fomentar o emprego nun concello rural que tanto o necesita, nin é forma de traballar por Trabada. Mentres outros concellos da contorna se moven para captar fondos e dar traballo, o noso alcalde prefire a parálise”, denunciou.

A importancia do Aprol Rural vén dada porque é fundamental para que os concellos poidan contratar persoal para labores de prevención de incendios ou mantemento de espazos públicos, mentres que os obradoiros de emprego permiten que os mozos e parados de longa duración obteñan certificados de profesionalidade.

“A función dun alcalde debe ser a de buscar recursos ata debaixo das pedras para mellorar a vida dos seus veciños. Perder estas axudas por non presentalas en tempo e forma é a proba evidente de que este Goberno está esgotado e sen ideas”, criticou.

Ante esta situación, José María Fernández insta ao alcalde a que dea explicacións públicas sobre os motivos polos que non se solicitaron estas subvencións.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...