InicioOrientalTrabadaA VII Festa da Enfariñada de Trabada ultima os últimos detalles

A VII Festa da Enfariñada de Trabada ultima os últimos detalles

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “estamos a piques de vivir un dos días máis especiais do ano en Trabada, unha festa que representa o esforzo colectivo da nosa veciñanza e o orgullo polas nosas tradicións”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada ultima os detalles para a celebración da VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que terá lugar este domingo 3 de maio a partir das 12:00 horas na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque.

A poucos días da celebración, desde o Concello fan un chamamento á veciñanza e visitantes para que se acheguen a gozar dunha das citas máis destacadas do calendario local, que cada ano reúne a centos de persoas arredor da gastronomía e a tradición.

A festa contará, como é habitual, coa elaboración en directo da enfariñada por parte de máis de 40 veciños e veciñas voluntarios, mantendo viva esta receita tradicional que se converteu nun símbolo do municipio.

Un ano máis, a Asociación Saúde Mental A Mariña encargarase da elaboración das cuncas da festa, dentro da colaboración que mantén co Concello de Trabada, reforzando así o compromiso social deste evento.

Entre as propostas gastronómicas, repetirán as opcións sen gluten e as filloas elaboradas polas fiolleiras de Muimenta. Como novidade nesta edición, os asistentes poderán degustar tamén enfariñada con bonito de Burela, da man da Sociedade Cultural Ledicia.

Ademais, a xornada completarase cun mercado de produtos artesanais e de proximidade e cun programa musical que inclúe as actuacións de Mestura de Nete, Grupo Lume e a Orquestra Marbella.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “estamos a piques de vivir un dos días máis especiais do ano en Trabada, unha festa que representa o esforzo colectivo da nosa veciñanza e o orgullo polas nosas tradicións”. Así mesmo, animou a participar “tanto á xente de Trabada como a todas as persoas que queiran achegarse a descubrir unha festa única, feita con agarimo e coa implicación de todo un pobo”.

Desde o Concello subliñan que este tipo de iniciativas contribúen a dinamizar a vida social e económica do municipio, ao tempo que poñen en valor a identidade e a cultura local.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...