InicioOrientalTrabadaTrabada traslada á Deputación de Lugo as necesidades do concello sobre investimentos

Trabada traslada á Deputación de Lugo as necesidades do concello sobre investimentos

Rubén García sinalou tamén que “este tipo de encontros son fundamentais para trasladar de primeira man as necesidades reais da nosa veciñanza e seguir traballando conxuntamente na procura de solucións que permitan mellorar a calidade de vida no noso concello”

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Trabada, Rubén García, mantivo no día de onte unha reunión coa presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, co obxectivo de trasladarlle as principais necesidades do municipio, especialmente no que respecta ás vías provinciais que discorren polo termo municipal, así como a posibilidade de impulsar novos investimentos e liñas de colaboración.

Durante o encontro, o rexedor expuxo distintas demandas relacionadas coa mellora das infraestruturas viarias, ao tempo que abordou a necesidade de continuar desenvolvendo actuacións que permitan avanzar na mellora dos servizos e equipamentos no concello.

O alcalde destacou a importancia da colaboración institucional, subliñando que a Deputación de Lugo “ten unha implicación moi relevante co Concello de Trabada, colaborando activamente desde hai anos tanto na organización de eventos como a Festa da Enfariñada, como na execución de diferentes investimentos e melloras no municipio”.

Rubén García sinalou tamén que “este tipo de encontros son fundamentais para trasladar de primeira man as necesidades reais da nosa veciñanza e seguir traballando conxuntamente na procura de solucións que permitan mellorar a calidade de vida no noso concello”.

Desde o Concello de Trabada destacan a vontade de continuar reforzando a cooperación coa Deputación de Lugo para seguir avanzando no desenvolvemento do municipio e na posta en marcha de novas actuacións.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...