InicioOrientalTrabadaTrabada solicita unha subvención para espazos verdes na Ría de Abres

Trabada solicita unha subvención para espazos verdes na Ría de Abres

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “desde o Concello seguimos solicitando todas aquelas axudas ás que podemos optar, porque son fundamentais para continuar mellorando os espazos públicos do noso municipio”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de solicitar unha subvención á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia destinada á creación de novos espazos verdes e á mellora de áreas de uso público.

Trátase dunha liña de axudas que se resolve por orde de entrada das solicitudes, polo que desde o Concello se actuou con máxima axilidade. Unha vez aberto o prazo, a solicitude foi presentada en apenas cinco minutos, co obxectivo de optar a esta subvención en condicións favorables.

O proxecto presentado conta cun orzamento total de 75.000 euros e céntrase na zona de autocaravanas e no entorno do centro social da Ría de Abres. As actuacións previstas inclúen a instalación dun peche natural do recinto e a creación de novos espazos de descanso mediante pérgolas de madeira con cuberta natural. Estas zonas estarán dotadas de illas con mesas, papeleiras e bancos elaborados con materiais reciclados, co fin de mellorar o confort, a funcionalidade e a integración paisaxística do espazo.

Esta iniciativa súmase a outras actuacións que o Concello de Trabada ten previsto executar nos vindeiros meses noutras zonas do municipio, dentro dunha estratexia global de mellora dos espazos públicos e de fomento de contornas máis sostibles e agradables para a veciñanza e as persoas visitantes.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “desde o Concello seguimos solicitando todas aquelas axudas ás que podemos optar, porque son fundamentais para continuar mellorando os espazos públicos do noso municipio”. O rexedor subliñou tamén que “este proxecto permitirá poñer en valor unha zona moi utilizada, creando espazos máis cómodos, verdes e respectuosos co medio ambiente”.

Desde o Concello reiteran o seu compromiso de seguir impulsando actuacións que contribúan á mellora da calidade de vida da veciñanza e ao coidado do entorno, apostando por proxectos sostibles e adaptados ás necesidades do rural.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...