InicioOrientalTrabadaTrabada organiza dúas palestras arredor do 8M

Trabada organiza dúas palestras arredor do 8M

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación especial centrada na saúde e no benestar das mulleres, a través da celebración de dúas charlas informativas que terán lugar na Casa da Cultura de Trabada o vindeiro luns 9 de marzo.

A xornada contará con dúas sesións diferenciadas. A primeira delas desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas, baixo o título “Coñece a túa peri/menopausia”, e estará enfocada en ofrecer información e ferramentas para comprender esta etapa vital desde unha perspectiva próxima e divulgativa. Pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, celebrarase a charla “Coñece e coida o teu solo pelviano”, centrada na prevención, coidado e saúde do solo pelviano.

Para participar nas charlas é necesaria inscrición previa, que poderá realizarse a través do teléfono 982 135 011 ou directamente nas oficinas municipais.

Estas charlas enmárcanse na programación organizada con motivo do 8 de marzo e teñen como obxectivo ofrecer espazos de información e aprendizaxe centrados en aspectos específicos da saúde feminina, contribuíndo a dar visibilidade a realidades propias das mulleres e favorecendo o seu benestar e coñecemento.

Á marxe desta programación concreta, desde o Concello de Trabada reiteran o seu compromiso coa igualdade de dereitos, a loita contra a desigualdade de xénero e contra a violencia exercida contra as mulleres, apostando por políticas e accións que fomenten unha sociedade máis xusta e igualitaria ao longo de todo o ano.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...