InicioOrientalTrabadaTrabada leva adiante obras de mellora no local do teleclube de Sante

Trabada leva adiante obras de mellora no local do teleclube de Sante

A actuación no Teleclub de Sante enmárcase nunha liña de traballo continuada do Concello de Trabada orientada á mellora dos locais sociais das distintas parroquias

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada informa do inicio das obras de mellora do Teleclub da parroquia de Sante, unha actuación que supón un investimento superior aos 50.000 euros e que poderá executarse grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo.

Esta intervención permitirá renovar e mellorar este espazo social, co obxectivo de facelo máis funcional e axeitado para o desenvolvemento de actividades veciñais, reunións e iniciativas promovidas tanto polo tecido asociativo como pola propia veciñanza da parroquia.

A actuación no Teleclub de Sante enmárcase nunha liña de traballo continuada do Concello de Trabada orientada á mellora dos locais sociais das distintas parroquias. Nos últimos tempos leváronse a cabo actuacións de mellora no local social da parroquia de Fórnea, a construción do novo centro social da Ría de Abres e, nos vindeiros meses, está previsto o inicio das obras de mellora do Teleclub da parroquia da Vilapena, así como o pintado exterior do Teleclub de Vilaformán.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos a traballar para mellorar os espazos públicos das nosas parroquias, porque son lugares fundamentais de encontro, convivencia e participación da veciñanza”. O rexedor engadiu que “estas actuacións permiten dotar ao concello de infraestruturas máis adaptadas ás necesidades actuais, favorecendo que a veciñanza poida desfrutar delas en boas condicións”.

Desde o goberno municipal subliñan que este tipo de investimentos responden ao compromiso do Concello de Trabada por chegar a todas as parroquias de maneira equilibrada, mellorando os servizos e espazos comunitarios e reforzando a calidade de vida no medio rural.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...