InicioOrientalTrabadaO PP de Trabada reclama que o alcalde dea a coñecer ao...

O PP de Trabada reclama que o alcalde dea a coñecer ao Goberno central os problemas da veciñanza

O voceiro popular, José María Fernández, explica que a realidade é clara: “o peso político do alcalde de Trabada dentro do PSOE é inexistente. Non é que non lle fagan caso, é que directamente non lle dan a palabra”.

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Trabada sinala que os seus concelleiros “lamentan a actitude de Rubén García que volve optar pola confrontación coa Xunta de Galicia en lugar de defender os intereses dos veciños e veciñas de Trabada”.

O voceiro popular, José María Fernández, explica que “o peso político do alcalde de Trabada dentro do PSOE é inexistente. Non é que non lle fagan caso, é que directamente non lle dan a palabra”.

Para o PP local, esta falta de influencia tradúcese nunha ausencia total de reivindicacións ante o Goberno central, “que é quen ten competencias directas en cuestións clave que afectan ao día a día da cidadanía e sobre as que está a pedir solucións ante a Xunta”.

José María Fernández sinala que, no que respecta á falta de médicos, cómpre lembrar que se trata dun problema real a nivel estatal, ante o que “o alcalde debería esixir ao Goberno central medidas urxentes para paliar esta situación, comezando polo aumento do número de prazas formativas e unha planificación seria que garanta médicos suficientes”.

O mesmo sucede cos problemas no servizo de Correos. Trátase dunha competencia do Goberno central. Se realmente lle preocupasen estas deficiencias, o alcalde debería alzar a voz dentro do seu partido e esixir solucións inmediatas. Porén, todo indica que esa non é a súa prioridade.

José María Fernández recorda que o alcalde “antepón a estratexia de confrontación política coa Xunta de Galicia a traballar de forma leal e responsable para mellorar os servizos públicos no municipio”. “Calquera escusa parécelle válida para atacar á Xunta, mentres evita reclamar actuacións ao Goberno central, que é quen ten as ferramentas para resolver moitos dos problemas que afectan a Trabada”, explicou.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...