InicioOrientalTrabadaTrabada participa en FITUR para fortalecer a súa proxección turística

Trabada participa en FITUR para fortalecer a súa proxección turística

Rubén García sinalou que “Trabada ten un enorme potencial turístico ligado á natureza, á tranquilidade e á autenticidade do rural, e FITUR é un escaparate fundamental para dar a coñecer todo o que podemos ofrecer”

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Trabada, Rubén García, realizou un balance moi positivo da presenza do Concello na Feira Internacional de Turismo (FITUR), celebrada esta semana en Madrid, unha cita de referencia a nivel estatal e internacional para a promoción dos destinos turísticos.

Durante a súa estancia en FITUR, o alcalde deu a coñecer o potencial turístico de Trabada, destacando que o turismo é unha fonte moi importante de ingresos para o municipio e unha oportunidade clave para o desenvolvemento económico e social do territorio. Neste senso, puxo en valor recursos como as fragas, a contorna natural do río Eo, as rutas de sendeirismo e o forte vínculo de Trabada coa natureza, elementos que definen a identidade do concello e o converten nun destino atractivo para un turismo sostible e de calidade.

Rubén García sinalou que “Trabada ten un enorme potencial turístico ligado á natureza, á tranquilidade e á autenticidade do rural, e FITUR é un escaparate fundamental para dar a coñecer todo o que podemos ofrecer”. O alcalde engadiu que “apostar polo turismo é tamén apostar pola fixación de poboación e pola creación de oportunidades no noso concello”.

No marco de FITUR, o alcalde de Trabada participou tamén na presentación da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, na que se deu a coñecer unha figura cerámica elaborada por Sargadelos en homenaxe ás Carolas ou Canouras, mulleres consideradas pioneiras do turismo na comarca por seren das primeiras en acudir á costa para gozar dos tradicionais baños de mar entre finais do século XIX e comezos do XX.

Desde o Concello de Trabada destacan a importancia de participar de maneira activa neste tipo de eventos, que permiten reforzar a colaboración entre concellos da comarca e proxectar unha imaxe conxunta da Mariña Lucense como destino turístico diverso e complementario.

O goberno municipal reafirma así o seu compromiso coa promoción turística de Trabada, continuando na liña de dar visibilidade aos recursos naturais, culturais e paisaxísticos do concello como motor de desenvolvemento e dinamización económica.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...