InicioOrientalTrabadaTrabada acometerá a mellora do Teleclub de Sante cun investimento de 50.000...

Trabada acometerá a mellora do Teleclub de Sante cun investimento de 50.000 euros

O proxecto contempla actuacións destinadas a mellorar a accesibilidade, coa instalación dunha rampa exterior e dunha nova baranda.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Trabada, Rubén García, e a concelleira do equipo de goberno, Lupe Rego, anunciaron a execución dunha actuación de mellora integral no local do Teleclub da parroquia de Sante tras realizar unha visita ao propio inmoble para comprobar o seu estado actual e as necesidades existentes.

O proxecto contempla actuacións destinadas a mellorar a accesibilidade, coa instalación dunha rampa exterior e dunha nova baranda. Ademais, levarase a cabo unha reforma tanto no exterior como no interior do local, que inclúe a substitución do chan e do falso teito, o pintado interior e exterior, a renovación das luminarias e outras melloras co obxectivo de modernizar e poñer a punto as instalacións.

Esta actuación será posible grazas a un convenio asinado polo alcalde de Trabada coa Deputación de Lugo, que permitirá financiar o proxecto cunha achega de 50.000 euros. O orzamento total da intervención ascende a 51.432,75 euros, asumindo o Concello a diferenza con fondos propios.

Desde o goberno municipal destacan que esta intervención se enmarca na liña de traballo que o Concello de Trabada vén desenvolvendo nos últimos anos, centrada na mellora dos espazos e infraestruturas de uso público nas parroquias, especialmente aqueles que acollen actividades sociais, culturais e veciñais organizadas polas propias asociacións locais.

O alcalde, Rubén García, sinalou que “os locais sociais son espazos fundamentais para a convivencia e a dinamización das parroquias, polo que é prioritario garantir que conten con instalacións accesibles e en boas condicións”. Pola súa banda, a concelleira Lupe Rego destacou “a importancia de seguir apostando pola mellora destes espazos para facilitar o desenvolvemento das actividades veciñais e reforzar a vida comunitaria”.

Con esta actuación, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas municipais e co apoio ao tecido asociativo local, contribuíndo a fortalecer a cohesión social e a calidade de vida da veciñanza.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...