InicioOrientalTrabadaTrabada convoca a entrega de cheques correspondentes á luz pública

Trabada convoca a entrega de cheques correspondentes á luz pública

Segundo recolle o bando emitido polo alcalde, Rubén García Freije, a entrega realizarase o vindeiro martes, 23 de decembro de 2025, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Trabada

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de anunciar a convocatoria para a entrega dos cheques correspondentes ao pagamento das luces públicas que permanecen conectadas aos contadores das vivendas particulares durante o ano 2024.

Segundo recolle o bando emitido polo alcalde, Rubén García Freije, a entrega realizarase o vindeiro martes, 23 de decembro de 2025, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Trabada. A convocatoria está dirixida ás veciñas e veciños afectados por esta situación, co obxectivo de compensar os custos derivados da subministración eléctrica.

O alcalde destacou que “con esta convocatoria queremos dar resposta a unha situación que afecta directamente a algúns fogares do noso concello, cumprindo co compromiso adquirido coa veciñanza e garantindo unha xestión xusta dos servizos públicos”. Rubén García subliñou tamén que “este tipo de medidas forman parte do traballo continuo do Concello de Trabada por mellorar os servizos municipais e atender as necesidades reais da poboación”.

Así mesmo, informouse de que aquelas persoas que non poidan asistir o día sinalado poderán recoller o seu cheque nas oficinas municipais do Concello de Trabada nun prazo de 30 días a partir da data da convocatoria.

Desde o goberno local reiteran o seu compromiso cunha administración próxima, transparente e orientada á mellora da calidade de vida da veciñanza, apostando por solucións que garantan a equidade e o bo funcionamento dos servizos municipais.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...