InicioOrientalTrabadaO Concello de Trabada fai a visita de Nadal ao Centro de...

O Concello de Trabada fai a visita de Nadal ao Centro de Maiores e o CEIP

Rosa Pérez subliñou a importancia de “manter viva esta tradición, que reforza os lazos entre o Concello e a veciñanza, e que contribúe a facer destas datas un momento máis humano e próximo”

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Trabada, Rubén García, xunto coa concelleira de Medio Rural, Rosa Pérez, realizaron hoxe a tradicional visita de Nadal ao Centro de Atención a Maiores (CAM) e CEIP Celso Currás, unha iniciativa que se repite cada ano nestas datas tan sinaladas.

Durante a visita, o alcalde e a concelleira compartiron uns momentos cos maiores e co alumnado do centro educativo, aos que lles fixeron entrega dun pequeno detalle como mostra de cariño e recoñecemento. Estes encontros teñen como obxectivo manter un vínculo próximo e familiar cos distintos colectivos do municipio, especialmente coa infancia e coas persoas maiores.

Rubén García destacou que “o Nadal é un momento especial para achegarnos ás persoas que forman parte esencial da nosa comunidade. Estas visitas permiten compartir tempo, escoitar e transmitir proximidade tanto aos nosos maiores como aos nenos e nenas do concello”.

Pola súa banda, Rosa Pérez subliñou a importancia de “manter viva esta tradición, que reforza os lazos entre o Concello e a veciñanza, e que contribúe a facer destas datas un momento máis humano e próximo”.

Desde o Concello de Trabada ponse en valor a boa acollida destas visitas, que forman parte do compromiso municipal de acompañar, coidar e estar presente na vida diaria dos centros e colectivos do municipio, especialmente en épocas tan significativas como o Nadal.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...