InicioOrientalTrabadaO Concello de Trabada continúa cos seus ciclos teatrais coa obra “Sen...

O Concello de Trabada continúa cos seus ciclos teatrais coa obra “Sen frores nin coroas”

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca a importancia de manter unha programación cultural estable no municipio: “estes ciclos teatrais mensuais son unha mostra do noso compromiso coa cultura de proximidade"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada consolida a súa aposta pola cultura e polo teatro afeccionado coa continuación dos ciclos teatrais que, como cada primeiro sábado de mes, ofrecen á veciñanza unha proposta escénica de calidade e aberta a todos os públicos.

Este sábado, 6 de decembro, ás 21:00 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura acollerá a representación da obra “Sen frores nin coroas”, a cargo do grupo 57 Palabras, unha compañía que chega a Trabada cunha peza cargada de humor, retranca e emoción.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca a importancia de manter unha programación cultural estable no municipio: “estes ciclos teatrais mensuais son unha mostra do noso compromiso coa cultura de proximidade. Queremos que a veciñanza teña acceso a propostas escénicas variadas, de calidade e que contribúan a dinamizar os nosos espazos públicos”, subliñou. Engadiu ademais que “o teatro é unha ferramenta fundamental para fomentar a convivencia, o pensamento crítico e o goce compartido. Por iso seguiremos apostando por manter esta iniciativa ao longo de todo o ano”.

O Concello invita a toda a cidadanía a gozar desta nova cita cultural e agradece a colaboración da Deputación de Lugo a través da súa área de Cultura.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...