InicioOrientalTrabadaTrabada anuncia unha campaña de recollida de plásticos agrarios

Trabada anuncia unha campaña de recollida de plásticos agrarios

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada pon en marcha unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas porta a porta, un servizo destinado a apoiar ao sector agrogandeiro do municipio e que se realizará entre o 15 e o 19 de decembro de 2025.

Tal e como explicou o alcalde, Rubén García, o obxectivo desta iniciativa é facilitar a correcta xestión dos residuos plásticos das explotacións agrícolas, mantendo o compromiso do Concello cun dos sectores económicos máis importantes de Trabada.

Para facer uso do servizo, as persoas interesadas deberán inscribirse previamente, ben chamando ao 982 135 011 ou ben acudindo ás oficinas municipais antes do 12 de decembro. Un camión municipal percorrerá as explotacións inscritas para realizar a recollida directamente.

Requisitos para a recollida

Co fin de garantir un servizo eficaz, os plásticos deberán:

Colocarse en puntos accesibles para o camión.

Estar afastados de tendidos eléctricos e árbores que dificulten a carga.

Entregarse pregados e atados.

Non conter arames, terra nin area.


O Concello lembra que esta recollida realízase dúas veces ao ano, reafirmando así o seu apoio continuado ás explotacións gandeiras e agrícolas de Trabada e promovendo prácticas sostibles no medio rural.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Concello de Trabada a través dos seus medios habituais.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...