InicioOrientalTrabadaPrensentado o campamento de Nadal 2025-2026 de Trabada

Prensentado o campamento de Nadal 2025-2026 de Trabada

As inscricións estarán abertas do 1 ao 16 de decembro nas oficinas do Concello. As prazas son limitadas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada anuncia a posta en marcha do Campamento de Nadal 2025-2026, unha iniciativa gratuíta dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no municipio ou con familiares empadroados. O campamento desenvolverase do 22 de decembro ao 2 de xaneiro, en horario de 9:30 a 14:00 horas, e incluirá obradoiros, talleres, xogos e outras sorpresas, ofrecendo ás crianzas un espazo seguro e educativo durante as vacacións escolares.

As inscricións estarán abertas do 1 ao 16 de decembro nas oficinas do Concello. As prazas son limitadas.

O alcalde de Trabada destacou a importancia desta iniciativa como parte das políticas de apoio ás familias: “Dende o Concello de Trabada organizamos un ano máis este campamento de Nadal, un programa de conciliación que ofertamos para as nosas familias e adicado aos nenos e nenas de 3 a 12 anos. Vai ser totalmente gratuíto e o prazo de inscrición ábrese o luns 1 de decembro. Quero poñer en valor a implicación que temos coas familias de Trabada, e lembrar que este programa se suma a outros de conciliación que ofrecemos durante todo o ano, como o de Madrugadores e o Ludiseráns, e tamén nos meses de verán co campamento de verán e o campamento xuvenil.”

Con esta proposta, o Concello reforza o seu compromiso coa conciliación familiar, o apoio á infancia e o desenvolvemento de actividades educativas e de lecer que contribúan ao benestar da comunidade.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...