InicioOrientalTrabadaTrabada impulsa a formación dixital da veciñanza

Trabada impulsa a formación dixital da veciñanza

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca “a importancia de achegar este tipo de formacións á veciñanza, especialmente ás persoas que precisan apoio para adaptarse ao uso das novas tecnoloxías e realizar xestións electrónicas con facilidade”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en marcha unha serie de cursos gratuítos dentro do programa “E para dixitalizarse Lugo”, co obxectivo de mellorar as competencias dixitais da cidadanía e facilitar o uso das novas tecnoloxías no día a día.

A primeira das accións formativas terá lugar os días 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17 de decembro de 2025, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na Casa da Cultura de Trabada.

Esta primeira formación leva por título “Firma dixital / Chave365 / Certificados varios. Aplicacións de Sergas e Facenda. Actuar ante as administracións públicas, sede electrónica” e permitirá ás persoas participantes aprender a empregar ferramentas dixitais fundamentais para realizar xestións administrativas de maneira segura e autónoma.

A inscrición deberá realizarse de forma presencial no Concello de Trabada, ata o 23 de novembro de 2025. As prazas son limitadas a 12 participantes. O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca “a importancia de achegar este tipo de formacións á veciñanza, especialmente ás persoas que precisan apoio para adaptarse ao uso das novas tecnoloxías e realizar xestións electrónicas con facilidade”.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...