InicioOrientalRibadeoTrabada finaliza a rehabilitación da escola de Valboa para alugueiro social

Trabada finaliza a rehabilitación da escola de Valboa para alugueiro social

O alcalde de Trabada, Rubén García, explicou que “con esta actuación seguimos avanzando no noso compromiso de recuperar e dar uso ás antigas escolas e outros edificios municipais"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de rematar as obras de rehabilitación da antiga escola de Valboa, un proxecto que supón un investimento total de 52.631,56€, dos cales 43.054,9€ foron achegados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e 9.576,59€ foron financiados con fondos propios municipais.

O inmoble, completamente renovado, destinarase agora a vivenda de alugueiro social, seguindo a liña de actuación do Concello para poñer en valor o seu patrimonio municipal e ofrecer novas oportunidades de acceso á vivenda en condicións asequibles.

O alcalde de Trabada, Rubén García, explicou que “con esta actuación seguimos avanzando no noso compromiso de recuperar e dar uso ás antigas escolas e outros edificios municipais, destinándoos a vivenda social para veciños e veciñas con necesidades habitacionais”.

Ademais, adiantou que nas próximas semanas abrirase o prazo de solicitudes para poder optar a esta nova vivenda, que se suma ás xa rehabilitadas en Sante, Vilapercide, Vidal e Trabadela, todas elas actualmente habitadas.

E engadiu “continuaremos nos próximos anos con novas rehabilitacións deste tipo, contribuíndo á dinamización do rural, ao aproveitamento do patrimonio público e á fixación de poboación no noso concello”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...