InicioOrientalTrabadaTrabada presenta nova edición de Ciclos Teatrais 2025-2026

Trabada presenta nova edición de Ciclos Teatrais 2025-2026

O ciclo dará comezo o 1 de novembro coa obra Expectativa Lonxana do grupo Nova Escena e continuará con diferentes compañías teatrais da comarca e da provincia, como 57 Palabras, A Adala de Fazouro, Lume Escénico, Trípode, Pico do Castro, O Centiño e San Tirso del Eo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en marcha unha nova edición dos Ciclos Teatrais, unha programación cultural que se celebrará na Casa da Cultura de Trabada o primeiro sábado de cada mes, dende novembro ata xuño.

O ciclo dará comezo o 1 de novembro coa obra Expectativa Lonxana do grupo Nova Escena e continuará con diferentes compañías teatrais da comarca e da provincia, como 57 Palabras, A Adala de Fazouro, Lume Escénico, Trípode, Pico do Castro, O Centiño e San Tirso del Eo. As representacións, de xénero principalmente cómico, serán ás 21:00 horas.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “un ano máis seguimos apostando pola cultura como ferramenta de dinamización e encontro veciñal. Queremos ofrecer unha programación estable e variada, cun ciclo que xa conta cunha grande acollida e que garante risa e entretemento para todos os públicos”.

Con esta iniciativa, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso cunha programación cultural ampla e continua ao longo de todo o ano, fomentando o acceso á cultura no rural e o apoio ás compañías teatrais locais.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...