InicioOrientalTrabadaTrabada reclama á Xunta reactivar a antena de Fórnea

Trabada reclama á Xunta reactivar a antena de Fórnea

A finais do ano 2019 o Concello de Trabada solicitou á Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) a mellora da cobertura móbil en diferentes zonas do municipio

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, vén de remitir unha carta ao conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, para trasladarlle a preocupación da veciñanza de Fórnea ante a situación da antena de telefonía instalada nesta parroquia.

A finais do ano 2019 o Concello de Trabada solicitou á Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) a mellora da cobertura móbil en diferentes zonas do municipio. Froito desta petición, instalouse unha antena en Fórnea, que entrou en funcionamento no mes de marzo de 2025, logo da cesión dunha finca municipal e da adecuación dos accesos por parte do Concello.

Sen embargo, desde o mes de xullo a antena deixou de funcionar. O Concello de Trabada trasladou en reiteradas ocasións a incidencia á Amtega, pero o problema segue sen resolverse.

O rexedor subliña: “Estamos a falar dun servizo básico, fundamental para os nosos veciños e veciñas, que despois de moitos anos de espera por fin viran mellorada a súa cobertura móbil. Conseguimos poñer en marcha a antena en 2025, pero só estivo operativa uns meses. Agora atopámonos outra vez sen este recurso esencial no rural”.

García Freije engade: “O Concello de Trabada seguirá ofrecendo toda a colaboración necesaria á Xunta de Galicia para garantir que a antena volva funcionar canto antes. Non podemos permitirnos dar pasos atrás cando falamos de servizos básicos e de calidade no rural”.

Desde o Concello de Trabada quérese reiterar a disposición total a cooperar con todas as consellerías competentes para mellorar as infraestruturas e garantir que a veciñanza disfrute dunhas condicións de igualdade no acceso ás telecomunicacións.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...