InicioOrientalTrabadaTrabada aluga a antiga escola de Vilapercide para vivenda social

Trabada aluga a antiga escola de Vilapercide para vivenda social

O alcalde de Trabada, Rubén García, salientou que “seguimos apostando por recuperar as antigas escolas das parroquias para darlles un novo uso social, transformándoas en vivendas que dean resposta á problemática actual do acceso á vivenda"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada vén de asinar hoxe o contrato de alugueiro coa familia que pasará a residir na vivenda da antiga escola de mestres de Vilapercide, dentro da aposta municipal por transformar antigas escolas en vivenda social.

Con esta incorporación, xa son catro as vivendas rehabilitadas e habitadas neste modelo: Sante, Trabadela, Vidal e agora Valboa, que será a próxima en saír para alugueiro social.

O alcalde de Trabada, Rubén García, salientou que “seguimos apostando por recuperar as antigas escolas das parroquias para darlles un novo uso social, transformándoas en vivendas que dean resposta á problemática actual do acceso á vivenda. Ademais, esta actuación contribúe a fixar poboación no rural e a revitalizar as nosas parroquias”.

A vivenda de Vilapercide espertou un notable interese, o que pon de manifesto a demanda existente. Finalmente, será unha familia con nenos a que resida nela, o que permitirá incrementar o número de escolares matriculados no municipio neste curso.

García avanzou que “xa temos en mente novos proxectos para rehabilitar as escolas que aínda nos faltan, sempre co obxectivo de poñelas a disposición da veciñanza en réxime de alugueiro social e ofrecer alternativas reais ante a dificultade de acceder a unha vivenda”.

Con esta iniciativa, o Concello de Trabada consolida unha liña de traballo que combina a posta en valor do patrimonio público co apoio ás familias e a loita contra o despoboamento.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...